#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono56
O #Apuntamento Lusófono recibe hoxe a María Campos, a actriz que lle dá vida a mítica señora de Palmírez, a raíña do castrapo. Con ela aprendemos que hai algunhas palabras galegas que tamén están admitidas no castelán. Gustaríache saber cales? Ademais, Rodrigo e Esther cantan en galego a canción de Dartacán e os tres Moscãoteiros (Moscanteiros, Moscadelos?) en homenaxe ao seu creador, recentemente falecido. E por último, xogamos ás palabras raras. Sabes o que é unha "armadilha" en portugués? Saberá Rodrigo o que é unha "arroutada" en galego?
#DígochoEu
0 comentarios