Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XVIII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Reino Unido. A Guerra das Malvinas ou conflito do Atlántico Sur foi un conflito armado entre Arxentina e o Reino Unido desencadeado en 1982, no que se disputou a soberanía das Illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur situadas no Atlántico Sur. Comezou en abril coa ocupación de Port Stanley polas tropas arxentinas, baixo ordes da Xunta Militar. En resposta, o goberno británico despregou unha enorme forza expedicionaria que despois de 10 semanas de batalla desaloxou ás forzas arxentinas. A vitoria británica precipitou a caída da ditadura arxentina e o inicio da recuperación do estado de dereito, á vez que contribuíu á reelección do goberno conservador de Margaret Thatcher en 1983. Ambos os dous países cortaron as relacións diplomáticas ata 1990. A Organización das Nacións Unidas segue considerando os tres arquipélagos coas súas augas circundantes como territorios en disputa.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Na imaxe superior aparece o monumento conmemorativo nacional do monte Rushmore en Dakota do Sur coas imaxes presidentes de Estados Unidos: Abraham Lincoln, Thomas Jefferson, George Washington e Theodore Roosevelt. Cal deles foi o primeiro Presidente Dos Estadios Unidos?

Advertencia: Os nomes están desordenados e non correspoden a orde la imaxe.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: AP Images/ ar.usembassy.gov   

0 comentarios