Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XXII (FIN)

Remato coa serie América, o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é aproximadamente 80 km. Exactamente 77,1 km.  Esta canle está localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile.

E así remato esta serie, da que quedan moitas outras preguntas que serán motivo doutra serie.

Ata a próxima serie!

FONTE: gl.wikipedia.org             Imaxe: elpais.com

0 comentarios