Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? VI

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Borneo. Esta illa, a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km², esta situada ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra. Está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o volcán máis grande de Asia?

- Sabalán

- Monte Fuji

- Monte Merapi

- Damavand

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios