Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? X

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Israel. O séquel ou novo shekel, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot. Adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel, circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o maior deserto de Asia?

- Deserto de Karakun

- Deserto de Arabia

- Deserto do Gobi

- Deserto de Thar

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org           Imaxe: es.wikipedia.org e miviaje.com

0 comentarios