CANTO SABES SOBRE ASIA? XX (FIN)
Remato co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é tamén última da serie é 7. Os Emiratos Árabes Unidos (EAU) é un país soberano constituído en monarquía federal de Oriente Próximo, situado na península de Arabia.
Está composto por sete emiratos: Abu Dabi, Ajmán, Dubái, Fuyaira, Ras al-Jaima, Sarja e Umm al-Qaywayn. Limita con Omán ao sueste, co golfo Pérsico ao norte e con Arabia Saudita ao oeste e sur. Esta federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Dabi e o primeiro ministro o de Dubai.
E así remato esta serie, que foi unha primeira aproximación a iste xigantesco continente.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: pueaa.unam.mx
0 comentarios