CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? XII
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Kiwi. Pertencente á orde Apterygiformes, os Kiwis son aves non voadoras pequenas, aproximadamente do tamaño dunha galiña.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. A Gran Barreira de Coral é o máis grande arrecife coralino do mundo. Fronte a que costas se atopa?
- No mar de Arafura, que é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
- No mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia.
- No mar de Halmahera, situado na parte centro oriental do Mar Mediterráneo Australasiano.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios