Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? XIV (FIN)

Remato coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Sydney. É a capital do estado de Nova Gales do Sur e a cidade máis populosa de Australia e de Oceanía.

O concello de Sydney posúe unha poboación de case 165.000 habitantes, mais incluíndo a súa área metropolitana ten preto de 4.300.000, repartidos por cerca 600 suburbios. Está situada na costa sueste da illa de Australia arredor da fermosa Baía de Jackson, tamén coñecida aínda que incorrectamente como Baía de Sydney, e que lle dá o alcume da Cidade da Baía. É o maior centro económico do país, dedicándose especialmente á fabricación de produtos manufacturados, á prestación de servizos financeiros, ao comercio e ao turismo.

Espero que esta serie que hoxe remato servise para por ao día os coñecementos básicos deste continente, que terán continuidade noutra serie.

Ata a próxima serie!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org  e fluccs.com.au

0 comentarios