Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? III

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rómulo. Segundo a lenda, Rómulo e Remo debían ser os fundadores da cidade eterna, pero non se poñían de acordo sobre o lugar: o primeiro quería fundala sobre o monte Palatino e o segundo sobre o Aventino. Ao final decidiuse por medio dun ritual: a honra recaería sobre quen vise máis voitres pousarse sobre o lugar que elixira. Rómulo gañou e converteuse así no fundador da cidade. Pero máis aló da lenda, a arqueoloxía indica que Roma naceu da unión dos diversos poboados dispersos polos outeiros romanos.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Da lenda de Rómulo e Remo provén tamén o animal totémico de Roma. Sabes cal era?

- Unha hiena

- Unha loba

- Unha cadela

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: historia.nationalgeographic.com.es    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios