Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? IV

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é loba. Segundo a lenda, unha loba chamada Luperca aleitou aos xemelgos durante a súa infancia, polo que este animal converteuse no símbolo de Roma. Segundo unha interpretación alegórica, a loba representaría a unha prostituta, ás que se chamaba despectivamente “lobas”: esta alegoría simbolizaría a orixe humilde de Roma, xa que Rómulo e Remo eran perseguidos polo seu tío avó Amulio, o rei de Alba Longa, que vía neles unha ameaza á súa poder.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. O Imperio Romano foi o período de máxima expansión do Estado romano na Antigüidade Clásica. Operou como un sistema político autocrático e existiu entre os anos…

- 17 a. C. e 400 d. C.

- 27 a. C. e 476 d. C.

- 37 a. C. e 486 d. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: concepto.de  Imaxe: concepto.de

0 comentarios