CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? X
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é 30. Nesta época o exército estaba formado por trinta lexións duns cinco mil trescentos homes cada unha. A lexión xa era un corpo permanente, podía variar en número e composición pero sempre existía, cada unha cos seus símbolos, historia e glorias particulares. Nelas había gran variedade de especializacións como soldados, zapadores, policía militar, corpo médico, etc.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Quen estaba ao mando dunha lexión?
- Centurión
- Tribuno
- Legado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: amodelcastillo.blogspot.com
0 comentarios