CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XII
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é Denario. Aquí tes as equivalencias destas moedas:
EQUIVALENCIAS | |||||
Denario | Quinario | Sestercio | Ás |
| |
Denario (símbolo X) | 1 | 2 | 4 | 10 | |
Quinario (símbolo V) | 1/2 | 1 | 2 | 5 | |
Sestercio (símbolo IIS) | 1/4 | 1/2 | 1 | 2,5 | |
Ás (símbolo I) | 1/10 | 1/5 | 2/5 | 1 |
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Moitos emperadores coidábanse de non exercer o seu poder dun modo despótico, xa que os romanos sentían unha gran aversión pola monarquía. Pero houbo algúns que quixeron exercer un poder sen límites e por iso son lembrados como tiranos; un en particular mesmo quixo nomear cónsul ao seu cabalo preferido. De que emperador falamos?
- Calígula
- Caracalla
- Nerón
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: elespanol.com/cultura/historia
0 comentarios