Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XVIII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Ano 380. Quen lles ía a dicir a aqueles primeiros cristiáns que sería precisamente un emperador romano (do que xa falamos, de orixe Hispano), Teodosio I chamado “o Grande”, quen no ano 380 convertería a súa relixión, o cristianismo niceno, no único culto oficial do Imperio mediante o Edicto de Tesalónica (tamén coñecido como A todos os pobos, decretado o 27 de febreiro). Unha conversión que, con todo, entrañaba grandes dificultades e que foi en boa parte adaptada á idiosincrasia da sociedade romana, converténdoa nunha mestura feita a medida para a súa fácil asimilación.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. A caída do Imperio romano de Occidente (tamén coñecida como a caída do Imperio romano ou a caída de Roma) foi o período de declive do Imperio romano de Occidente en que perdeu a autoridade de exercer o seu dominio e o seu vasto territorio foi dividido en numerosas entidades políticas sucesoras. Tradicionalmente, vincúlase este feito co ano…

- 295 d. C.

- 395 d. C.

- 476 d. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: historia.nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org  Imaxe: romaimperial.com

0 comentarios