CANTO SABES DE ARXENTINA? III
Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2.700.000 km2. Exactamente 2.780.400 km2, o que converte, pola súa extensión, no segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo. Comoe referencia seria 5,5 veces España (505.990 km2).
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Arxentina está organizada como un Estado federal descentralizado, integrado desde 1994 por…
- 25 Provincias e unha Cidade Autónoma
- 23 Provincias e unha Cidade Autónoma.
- 26 Provincias
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: geoguessr.com
0 comentarios