Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARXENTINA? XII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Do latín argentum que significa "prata". A conquista e colonización española de Arxentina refire ao período entre o século XVI e principios do século XIX no cal unha parte do actual territorio da Arxentina foi conquistado e colonizado polo Imperio español. Neste período aparece por primeira vez a expresión Arxentina (país da prata) para denominar unha área sen límites definidos que se estendía do Río da Prata cara ao noroeste.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Os primeiros europeos chegaron por primeira vez ao actual territorio arxentino en 1516 da man da expedición de…

- Xoán Díaz de Solís

- Fernando de Magallanes

- Diego de Rojas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: humanidades.com e es.wikipedia.org

0 comentarios