Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARXENTINA? XIII

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Xoán Díaz de Solís. Os europeos chegaron por primeira vez ao actual territorio arxentino en 1516, coa expedición de Juan Díaz de Solís polo Río da Prata. Posteriormente a expedición de Fernando de Magallanes en 1520 fondeou as súas naves na Baía de San Xulián, hoxe provincia de Santa Cruz. O forte Sancti Spiritus foi o primeiro asentamento europeo, instalado en 1527 a beiras do río Paraná. A primeira exploración do noroeste e centro do país foi a entrada de Diego de Rojas en 1543. As cidades de Asunción (1537),​ Santiago do Estero (1553), Córdoba (1573) e Buenos Aires (1536/1580) foron as bases do establecemento colonial que se impuxo na metade norte do actual territorio arxentino, suxeito á autoridade da Coroa Española (a Gobernación do Río da Prata).

E imos coa pregunta de hoxe!

 

13. Fíxate na fotografía supeior. Este Monumento Histórico Nacional arxentino, coñecido como a casa Rosada é tamén…

- Sede do Poder Executivo da República Arxentina

- Sede do Poder Lexislativo da República Arxentina

- Sede do Poder Xudicial da República Arxentina

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: okdiario.com es.wikipeid.org

0 comentarios