EDUCACIÓN
O obxectivo principal da educación é prepararnos para os problemas da vida real e achegar aos máis novos o coñecemento para enfrontalos. Ela axúdanos a ser mellores cidadáns, a obter un traballo mellor pagado, mostra a importancia do traballo duro e, ao mesmo tempo, axúdanos a medrar e desenvolvernos. É a forma en que, entre todos, damos forma a unha mellor sociedade para vivir coñecendo e respectando os dereitos, as leis e as normas.
Sobre iste tema imos hoxe reflexionar coas seguintes frases:
1. A primeira é do músico británico Edward Benjamin Britten (1973-1976): "Aprender é como remar contra corrente: en canto se deixa, retrocédese".
2. A segunda é do pedagogo estadounidense John Dewey (1859-1952): "A educación non é preparación para a vida; a educación é a vida en si mesma".
3. A terceira é do escritor estadounidense RalphWaldo Emerson (1803-1882): "O educador é o home que fai que as cousas difíciles parezan fáciles".
4. A última de hoxe é do activista conta o apartheid sudafricano Nelson Mandela (1918-2013): "A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo".
0 comentarios