Blogia
vgomez

CANTO SABES DE SUÍZA? XIII

Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte é Concello. As Comunas son as entidades territoriais básicas e de menor nivel na división político-territorial de Suíza. As responsabilidades de cada comuna (como educación, servizo médico, asistencia social, transporte público e recadación de impostos) son definidas polo goberno cantonal e varían dun cantón a outro. De maneira xeral, o goberno comunal está encabezado por un Alcalde como xefe do executivo, coa cooperación dun Concello aberto, que se encarga das tarefas lexislativas, aínda que para estas funcións, as comunas con maior número de habitantes teñen a opción de elixir un Concello municipal.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. En Suíza existen tres principais corpos de goberno a nivel federal: o parlamento bicameral (poder lexislativo), o Consello Federal (poder executivo) e o Tribunal Federal de Suíza (poder xudicial). Suíza é unha democracia directa, é dicir, ademais do habitual dereito de sufraxio (cada 4 anos), tamén o dereito de votar sobre asuntos concretos. Este último cantas veces sucede?

- 1 vez ao ano

- 2 veces ao ano

- 3 ou catro veces

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: eda.admin.ch     Imaxes: aperturaven.blogspot.com e swissinfo.ch

0 comentarios