CANTO SABES DE SUÍZA? XIV
Continúo coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3 ou catro veces. En xeral os votantes suízos van ás urnas unhas catro veces ao ano, nos meses de febreiro, maio, setembro e novembro. Existen tres tipos de votacións: Referendos obrigatorios, referendos facultativos (opcionais) e as iniciativas populares. Os primeiros, os referendos obrigatorios, levan a cabo desde 1848 cando o parlamento quere cambiar a constitución en calquera das súas partes, o país quere ingresar nalgunha organización supranacional ou se queiran adoptar leis de carácter urxente, nestes casos os cidadáns teñen a última palabra de se se aproban ou non estas decisións. Para o aprobo necesítase unha dobre maioría de voto popular e voto cantonal, noutras palabras, necesítase de maioría popular sumado a unha aprobación da maioría dos cantóns (13 ou máis). Os referendos facultativos por outra banda son de carácter opcional, é dicir que un non está obrigado a formar parte do mesmo. Este mecanismo entrou en funcionamento no ano 1874 e consiste en que cando o parlamento aproba unha lei e unha parte da poboación quere revogala, poden xuntar 50 mil asinas nun lapso menor de 100 días para habilitar un referendo en todo o país e que decida a poboación efectivamente se esa lei entrará en vigor ou será derrogada. O proceso apróbese cunha maioría simple dos votantes. Por último, temos as iniciativas populares que teñen a posibilidade de someter a votación leis cantonais, federais ou cambios na constitución do país, a condición de que se cumpra co seguinte requisito: Colleitar un mínimo de 100 mil asinas de cidadáns con dereito a voto nun lapso de 18 meses. En caso de conseguilo realizarase unha consulta popular para aprobala ou rexeitala, será opcional se se trata dunha lei normal e obrigatorio se é un cambio na constitución do país.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
14. Cal é o actual Presidente da Confederación Suíza?
- Walter Thturnherr
- Ignazio Cassis
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: zuriquesa.com e elpais.com
0 comentarios