Blogia
vgomez

CANTO SABES DE SUÍZA? XV (FIN)

Remato coa serie adicada a Suíza. Neste estado federal, residen máis de 40.000 galegos e no que galego sitúase no quinto lugar entre as linguas estranxeiras máis faladas.

A contestación correcta á pregunta de onte, e ultima,  é Alain Berset. O presidente suízo non é (como o son, por exemplo, os presidentes en Austria ou Alemaña) o xefe de Estado do país: en virtude da Constitución federal suíza, o Consello Federal desempeña, de forma colexiada, a xefatura do Estado e do Goberno. Cando ocorre un voto empatado no Consello (que ás veces sucede, porque os outros seis conselleiros federais votan primeiro), o presidente (como presidente do consello) emite o voto decisivo (ou pode absterse). Ademais do control do seu propio departamento, o presidente leva a cabo algunhas das tarefas representativas que normalmente leva a cabo un só xefe de Estado noutras democracias.

Non confundir co chanceler da Confederación, que é Walter Thurnherr, o xefe de Gabinete do Consello Federal, pero non é o xefe do Goberno (función asumida polo Consello Federal) nin pertence ao devandito Consello. É elixido pola Asemblea Federal, segundo as regras que rexen a elección dos conselleiros federais.

Espero que esta serie servise para coñecer un chismo mellor este país tan curioso e fermoso!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios