CANTO SABES DE ALEMAÑA? XIV
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2 de setembro de 1945. Este conflito armado a escala mundial involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto, no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Tras a Segunda Guerra Mundial, cando a Alemaña nazi foi derrotada polos aliados, Alemaña foi dividida en dous Estados separados ao longo das liñas de ocupación aliada en 1949; os Estados resultantes foron a República Federal de Alemaña e a República Democrática Alemá separadas por un “muro”. Cando “caeu” este muro?
- 9 de novembro de 1987
- 9 de novembro de 1988
- 9 de novembro de 1989
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: aishlatino.com e es.wikipedia.org
0 comentarios