CANTO SABES DE ITALIA? XII
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Garda. Tamén chamado lago de Benaco, é o maior lago italiano e un dos máis afamados lagos turísticos do norte de Italia (entre os Alpes e a chaira padana, a un 25 km ao oeste de Verona e un 27 km ao leste de Brescia). Ten unha superficie de 368 km², cunha lonxitude de 51,6 km e unha anchura de 17,2 km, e atópase aproximadamente a 65 m s. n. m., ao pé dos Alpes. É un lago glaciar que se formou ao final da última glaciación.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Venecia. O seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, está situado nun conxunto de illas na lagoa de Venecia, no norte do mar…
- Mediterraneo
- Tirreno
- Adriático
- Xónico
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: lagaviotaviajera.com e capitales.com
0 comentarios