CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? II
Continúo coa serie, que onte comezei, adicada a Gran Bretaña. É unha illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Gran Bretaña está formada por Inglaterra, Escocia e Gales, mentras que o Reino Unido comprende Gran Bretaña e Irlanda do Norte. Non confundir con Irlanda (República de Irlanda).
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Relaciona coas súas capitais:
1. Inglaterra a. Edimburgo
2. Escocia b. Belfast
3. Gales c. Dublín
4. Irlanda do Norte d. Londres
5. República de Irlanda e. Cardiff
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios