Blogia
vgomez

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XIV

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é É unha bebida alcohólica e espirituosa obtida pola destilación da malta fermentada de cereais como cebada, trigo, centeo e millo. Posteriormente envellécese en barrís de madeira, tradicionalmente de carballo branco. Esta bebida alcohólica comercialízase cun contido alcohólico de entre 40 % e 62 % de volume.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Agora tócale ao País de Gales. É unha das nacións celtas e posúe unha identidade cultural propia que se conformou tras a retirada dos romanos de Gran Bretaña. Ten aproximadamente 3 millóns de habitante e, como xa dixemos, a súa capital de Cardiff. Administrativamente, Gales está dividida, desde 1996, en…

- 8 condados

- 13 condados

- 9 condados, 3 cidades e 10 distritos condais.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: archivo.elcomercio.pe e es.wikipedia.org

0 comentarios