CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XIX (FIN)
Remato coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte e última da serie é 3. Rishi Sunak (Southampton, 12 de maio de 1980) político británico, primeiro ministro do Reino Unido desde o 25 de outubro de 2022, sendo líder do Partido Conservador e Unionista desde ese mesmo mes. Entre o 13 de febreiro de 2020 e o 5 de xullo de 2022 traballou como chanceler da Facenda.
Sucedeu no cargo a LizTruss, que estivo no cargo entre o 6 de setembro e o 2 de outubro de 2022. Esta, a súa vez, sustituíu a Boris Johson, que estivo no cargo entre o 24 de xullo de 2019 e 6 de setembro de 2022.
Carlos III (Charles Philip Arthur George) é rei dende o 8 de setembro de 2022, tras a norte da súa nai, Isabel II.
Espero que servise esta serie para unha aproximación ao coñecemento da Gran Bretaña.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios