CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? IX
Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.
A contestación correcta á pregunta de onte é Bolboreta monarca. Efectivamente, trátase da bolboreta monarca (Danaus plexippus) que máis aló da súa longa vida (para unha bolboreta) son coñecidas por realizar algunhas das migracións máis impresionantes do reino animal, na que miles destes insectos realizan unha viaxe de ata 5.000 quilómetros. Trátase, ademais, dunha das bolboretas diúrnas máis grandes do mundo.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
9. Dixemos que a bolboreta monarca é unha das bolboretas diúrnas maís grande. Pero cal é a bolboreta diurna máis grande do mundo?
1. Bolboreta Emperador (Thysania agrippina)
2. Bolboreta Atlas (Attacus atlas)
3. Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra (Ornithoptera alexandrae)
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: nationalgeographic.com.es Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios