CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? X (FIN)
Remato coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra (Ornithoptera alexandrae). É considerada a bolboreta diúrna máis grande do mundo cunha envergadura (distancia entre as puntas das ás) de ata 31cm. Está en perigo de extinción e atópase en Papúa Nova Guinea, Indonesia.
Ornithoptera alexandrae (macho) á esquerda eOrnithoptera alexandrae (femia) á dereita
Entre as bolboretas nocturnas a maior por envergadura é a bolboreta emperador (Thysania agrippinade), que tamén pode chegar ata 31cm. Atópase principalmente en México, América Central e América do Sur. Pola súa banda a bolboreta Atlas (Attacus atlas), tamén nocturna, é a maior tomando en conta a área total das súas ás (máis de 400 cm2). A súa envergadura está entre 25cm e 30cm. Atópase no sueste de Asia, China, o arquipélago malaio e Indonesia.
Bolboreta emperador (Thysania agrippinade) á esquerda e bolboreta Atlas (Attacus atlas) á dereita.
E así remato a serie das bolboretas. Ata a próxima serie!
FONTE: nationalgeographic.com.es e bbc.com/mundo Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios