CANTO SABES DE XAPÓN? VIII
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 125 millóns de habitantes. Xapón, cunha poboación de 125.507.000 persoas, é un país moi poboado e ten unha alta densidade de poboación, con 332 habitantes por Km2.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Saberías poner no seu sitio os mares que rodean Xapón?
- Mar da China Oriental
- Océano Pacífico
- Mar de Okhotsk
- Mar do Xapón
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com Imaxes: d-maps.com
0 comentarios