CANTO SABES DE CANADÁ? VIII
Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Logan. Cos 5.959 m. é a montaña máis alta de Canadá e a segunda máis alta de toda América do Norte despois do monte Denali, en Alaska. Forma parte das montañas San Elías e atópase no sector suroccidental do Territorio do Yukón, xunto á fronteira co estado de Alaska, e é parte do parque e reserva nacional Kluane. Séguelle o Pico Philippe con 5.925 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o río máis grande de Canadá?
- Fraser
- Columbia
- Mackenzie
- Koksoak
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e elconfidencial.com Imaxes: Kayak.es
0 comentarios