CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS?
Os Países Baixos (Nederland) están localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea.
Es das persoas que adoitan confundir Holanda con Países Baixos, sen saber que é o mesmo país?
O Reino dos Países Baixos é a tradución ao galego de Nederland. Este termo provén á súa vez do neerlandés "Neder landen", que significa terras baixas.
Este país europeo denomínase así porque se atopa parcialmente debaixo do nivel medio do mar. En cambio, “Holanda” é un derivado da rexión homónima que se atopa no oeste do país.
O nome Holanda designa estritamente unha rexión occidental dos Países Baixos, dividida en dúas provincias, Holanda do Norte e Holanda do Sur.
Este e outros datos serviranche para coñecer este gran país. Anímaste?
Pois comezamos!
1. Tal como dixemos, Países baixos atópanse no noeste de Europa, pero con quen limita?
- N mar do Norte, S Bélxica, E Alemaña e W mar do Norte
- N mar do Norte, S Alemaña, E Béxica e W océano Atántico
- N Finlandia, S Béxica, E Alemaña e W mar do Norte
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: Shutterstock/viajes.nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org
0 comentarios