Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BÉLXICA? XIII

Continúo coa serie adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.

A contestación correcta á pregunta de onte é 65,5 cm.  Manneken Pis  foi deseñado por un escultor de Brabante chamado Jérôme Duquesnoy o Vello e foi colocada no seu sitial en 1618 ou 1619. Xunto co Atomium e a Grand Place é un dos símbolos de Bruxelas e unha das súas atraccións turísticas principais, simbolizando o espírito independente dos seus habitantes.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Que tipo de gobernó ten Bélxica?

- Monarquía

- República

- Monarquía federal constitucional e parlamentaria

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.wikipedia.org 

0 comentarios