Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO VI

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Niels Bohr. Niels (Henrik David) Bohr, nado en Copenhague o 7 de outubro de 1885 e finado na mesma cidade o 18 de novembro de 1962, foi un físico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica. Recibiu o premio Nobel de Física en 1922. O efecto pistoleiro, tamén chamado ás veces lei de Bohr ou dilema do pistoleiro, é unha teoría psicofísica que di que un movemento intencional é máis lento que un movemento automático ou de reacción.​ O concepto leva o nome de Bohr, quen deduciu que a persoa que desenfunda a arma en segundo lugar nun tiroteo será quen gañe a disputa. Ocorréuselle a hipótese despois de ver películas do Oeste, que con frecuencia mostraban ao protagonista desenfundando a pistola despois do seu opoñente e aínda así gañando. El expuxo a hipótese de que unha persoa, ao reaccionar, podería moverse máis rápido que o seu opoñente, o cal móvese deliberadamente.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Un científico do século XX puido converterse en presidente. Tratábase de...

- Albert Einstein

- Max Plack

- Alexander Fleming

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e muyinteresante.es

0 comentarios