ADIVIÑA O CIENTÍFICO XV
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Caroline Herschel. Nada en Hannover o 16 de marzo de 1751 e finada en Hannover o 9 de xaneiro de 1848. Foi unha astrónoma alemá que viviu tamén en Inglaterra. Traballou co seu irmán Sir William Herschel na elaboración dos seus telescopios e nas súas observacións. Descubriu oito cometas, dos cales seis levan o seu nome, entre os que destaca o cometa periódico 35P/Herschel-Rigollet atopado o 21 de decembro de 1788.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. O invento do teléfono foi atribuído a Alexander Grahanm Bell, pero no foi el realmente. Quen foi entón o seu inventor?
- Elis Gray
- Charles Bourseul
- Antonio Meucci
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Adaptación propia de Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios