Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA?

Bulgaria é un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea.

Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural, que recibiu influencias de diversas culturas e, debido a iso, é unha mestura de todas elas, do occidental e o oriental unidos de forma harmoniosa, que se atopan nunha cultura diferente, única e excepcional. Diversas civilizacións, os tracios, os gregos, os romanos, os eslavos, etc. formaron o numeroso e importante patrimonio cultural deste país, declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

 Propónoche coñecer algo deste país. Anímaste? Si, pois comezamos!

1. Cal é a capital de Bulgaria?

- Pleven

- Sofía

- Montana

- Varna

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: viralizalo.com e es.wikipedia.org         Imaxes: es.wikipedia.org  e viralizalo.com

0 comentarios