CANTO SABES DE BULGARIA? IV
Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte é Romanía, Serbia, Macedonia del Norte, Grecia e Turquía. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, ao oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é, aproximadamente, a extensión de Bulgaria?
- 95.000 km2
- 110.000 km2
- 125.000 km2
Mañá a solución e unha nova proposta.
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes: turismoyrutas.blogspot.com e proyectos-derecho.ufm.edu
0 comentarios