Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? XII

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

A contestación correcta á pregunta de onte é 28. Desde 1.999, Bulgaria está dividida en 28 provincias que corresponden aproximadamente aos 28 okrugs que existían antes de 1987. Entre 1987 e 1999 estaba dividida en nove óblasts. Todas as provincias levan o nome do seu capital. A cidade de Sofía é tanto a capital do país como a das provincias de Sofía-Cidade e de Sofía. Á súa vez, as provincias están divididas en 264 municipalidades.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a cidade máis poboada de Bulgaria?

- Plovdiv

- Varna

- Sofía

- Burgas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes:  es.wikipedia.org

0 comentarios