Blogia
vgomez

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS: Aprende esta nova palabra: 'EGOSURFING'

Egosurfing, vaia palabra! 😈 Consiste en utilizar as redes sociais e os buscadores da internet, como Google, utilizando termos de procura relativos a nós, como o noso nome, apelidos, DNI etc., para localizar información sobre nós en páxinas webs e outras plataformas. Trátase dunha boa práctica que todos deberiamos realizar periodicamente, para saber que se di de nós, como se di, quen o di e con que obxectivo, e identificar posible información que non debería estar publicada e que queiramos que sexa eliminada.

#DígochoEu

0 comentarios