CANTO SABES DE POLONIA? XIII
Continúo caoa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.
A contestación á pregunta de onte é Immanuel Kant. Nado en Königsberg (capital del actual óblast de Kaliningrado, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico ), o 22 de abril de 1.724 e finado na mesma vila o 12 de febreiro de 1.804. Foi un filósofo considerado a figura central da filosofía moderna. Kant sostivo que a mente humana crea a estrutura da experiencia humana, que a razón é a fonte da moral, que a estética xorde dunha facultade de xuízo desinteresado, que o espazo e tempo son formas da nosa sensibilidade e que o mundo tal como é «en si» é independente dos nosos conceptos sobre el. Kant provocou unha revolución copernicana da filosofía, semellante ao xiro de Copérnico da crenza milenaria de que o Sol xiraba en torno á Terra. As súas crenzas continúan a ter unha grande influencia na filosofía contemporánea, especialmente nos eidos da metafísica, epistemoloxía, ética, teoría política e estética.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
13. Cal é o animal oficial de polonia?
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org e chido-fajny.com
0 comentarios