CANTO SABES DE COLOMBIA? V
Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.
A contestación correcta á pregunta de onte é San Andrés. A illa de San Andrés, coñecida tamén como SAI, as iniciais de San Andrés Illa, está situada no mar Caribe. É a máis grande das illas que forman parte do arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina, cunha extensión total de 26 km², sendo así a illa máis grande do país. Estas illas foron obxecto de disputa territorial entre Colombia e Nicaragua. Con todo, o 19 de novembro de 2012, a Corte Internacional de Xustiza ditaminou a soberanía total de Colombia sobre o arquipélago, con concesións de espazo marítimo a Nicaragua.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Colombia divídese político-administrativamente en...
- 23 departamentos
- 30 departamentos e un distrito capital
- 32 departamentos e un distrito capital
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: google.es/maps e es.wikipedia.org
0 comentarios