CANTO SABES DE TUNISIA? IV
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestación correcta á pregunta de onte é 160.000 km2. Exactamente 163.610 Km2. Para que te fagas unha idea comparativa, sería aproximadamente como Surimane (163.820 km2), un país de América do sur e algo máis grande que Bangladesh (148.460 km2), un país de Ásia Meridional. No referente ao noso país, España é, redondeando, 3 veces Tunisia.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Cal é a poboación, aproximada, de Tunisia?
- 10 millóns
- 12 millóns
- 14 millóns
- 16 millóns
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e viajesnakara.com
0 comentarios