Blogia
vgomez

CANTO SABES DE TUNISIA? IX

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lago O Bibane. Esta lagoa está situada na rexión Zarzis de Tunisia. O patrimonio deste humidal é recoñecida internacionalmente pola convención Ramsar como Lago Biban. Trátase dunha lagoa costeira situada a 10 km ao norte da cidade de Ben Gardane (ou Bnqirdan), e a 20 km ao sur da cidade de Zarzis. Cunha área de ata 27 mil hectáreas, é o lago máis grande da conca mediterránea.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é a illa máis grande de Tunisia?

- Zembra

- Xerba

- Plana

- Zembretta

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.wikipedia.org e mapcarta.com/es

0 comentarios