CANTO SABES DE TUNISIA? X
Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Xerba. Esta illa do norte de África pertencente a Tunisia, de 514 km² de superficie, está situada non golfo de Gabes. Trátase da maior illa do norte de África. A súa cidade máis importante é Houm Souk, cunha poboación aproximada de 78.000 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é a forma de goberno de Tunisia?
- Ditadura
- República
- Monarquía
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios