Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANDORRA? V

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Realmente non é un Principado é co-principado parlamentario constitucional. Fundado en 1278, a xefatura do Estado recae nos copríncipes, o bispo de La Seu d’Urgell e o presidente da República Francesa, representados respectivamente por Joan Enric Vives i Sicília e Emmanuel Macron. O Consello Xeral (Consell General) é o órgano lexislativo e trátase dun parlamento unicameral de representación mixta e paritaria da poboación nacional e das sete parroquias, composto por 28 membros elixidos cada catro anos. O Goberno é o órgano executivo. Actualmente está composto polo presidente do goberno, Xavier Espot, elixido polo Consello Xeral, e once ministros. Os Comuns son órganos de representación e administración civil das parroquias, similares aos concellos.

               Joan Enric Vives i Sicília / Emmanuel Macron / Xavier Espot

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a lingua oficial de Andorra?

- Francés

- Español

- Catalán

- Portugués

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e Natalia Montane/lavanguardia.com

0 comentarios