Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANDORRA? XIII (FIN)

Remato coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Rebezo. Rupicapra pyrenaica, é un mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, que está presente nalgunhas cadeas montañosas do suroeste de Europa, entre elas Os Pirineos. O rebezo é un símbolo da fauna de Andorra. Vive na alta montaña, come herba e brotes tenros dos arbustos e caracterízase por ter unhas patas fortes e unhas pezuñas duras que lle permiten rubir por sitios inimaxinables. É un animal moi áxil e ten unha vista, oído e olfacto excelentes. Ademais, dispón de dous cornos pequenos e delgados e unha cola curta. Se se atópase a gusto no seu hábitat, adoita ter unha cría e (moi raramente), dúas. A época de cría adoita ser entre maio e principios de xuño. Considérase que un rebezo xa é adulto cando supera os dous anos e medio de vida. É un animal difícil de ver, sobre todo no verán, que é cando se estende cara ás cimas máis altas. No inverno, en cambio, adoita baixar aos bosques en busca de comida, é entón cando podemos ter sorte e ver algún exemplar.

Espero que esta serie servise para coñecer mellor o micro-estado de Andorra!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org e guiandorra.com    Imaxe: guiandorra.com

0 comentarios