Blogia
vgomez

XOGOS OLÍMPICOS 2024

Os Xogos Olímpicos de 2024 (Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada e tamén coñecidos como París 2024, celebraranse entre o 26 de xullo ata o 11 de agosto, con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes.

Estes son os 45 deportes de competición nesta olimpíada:

    Baloncesto 3x3

    Tiro con arco

    Ximnasia artística

    Natación artística

    Atletismo

    Bádminton

    Baloncesto

    Voleibol de praia

    Boxeo

    Breaking

    Piragüismo en sprint

    Piragüismo slálom

    Ciclismo BMX Freestyle

    Ciclismo BMX Racing

    Ciclismo Mountain Bike

    Ciclismo en ruta

    Ciclismo en pista

    Saltos

    Ecuestre

    Esgrima

    Fútbol

    Golf

    Balonmán

    Hóckey

    Judo

    Natación en augas abertas

    Pentatlón moderno

    Ximnasia rítmica

    Remo

    Rugby 7

    Vela

    Tiro

    Skateboarding

    Escalada deportiva

    Surf

    Natación

    Tenis de mesa

    Taekwondo

    Tenis

    Trampolín

    Tríatlon

    Voleibol

    Waterpolo

    Halterofilia

    Loita

E esta é a súa mascota!

O nome da mascota é Phyrge, e o seu deseño fai referencia aos tradicionais gorros frixios, unha referencia coñecida polos cidadáns franceses e un símbolo da República nas institucións.

Os Phyrges, un olímpico e o outro paralímpico, son precisamente dous gorros frixios de cor vermella, con ollos celestes e un longo sorriso branco, formando entre eles a bandeira francesa, que tamén aparece nas súas extremidades. A mascota paralímpica leva unha prótese negra na súa pequena perna dereita.

Os gorros frixios pódense ver na icónica figura de Marianne en todos os concellos do país, e mesmo en obxectos do día a día en Francia, como moedas ou selos. Tamén son un símbolo internacional de liberdade, xa que os vestiron os escravos liberados na época dos romanos e aparecen en diferentes emblemas de América do Norte e Sudamérica.

Continuará...

0 comentarios