Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CHILE? II

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é 4.000 km. Exactamente 4.270 km de longo e con 6.435 km de costa. Tamén é un dos países máis angostos do mundo, cun ancho máximo de 445 km e un ancho mínimo de 90 km, sendo o seu ancho promedio de 180 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Tal como dixemos, Chile é un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Cales son?

- América, Oceanía e Antártica

- América, África e Oceanía

- América, Asia e Antártica

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e muyinteresante.com     Imaxes: es.wikipedia.org e mapas-del-mundo.net

0 comentarios