CANTO SABES DE CHILE? IX
Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte é 105.000 km2. O deserto de Atacama, é o deserto máis árido do planeta, sitúase no norte de Chile, nas rexións de Arica e Parinacota, Tarapacá, Antofagasta e o norte da Rexión de Atacama. Este deserto está enmarcado pola cordilleira de Ándelos e a costa, cubrindo aproximadamente 105.000 km². Na imaxe: En amarelo o que tradicionalmente se considera Atacama e en laranxa outras áreas desérticas lindeiras como o Deserto costeiro do Perú, o Altiplano andino, puna de Atacama e o Norte Chico de Chile.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Cal é o lago máis grande de Chile?
- Xeneral Carrera
- Llanquillue
- Ranco
- Greve
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios