Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CHILE? XII

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é Peso. O peso chileno(símbolo: $; ISO 4217: CLP)4​ é a moeda de curso legal de Chile desde 1975, cando substituíu á antiga moeda en circulación, que foi o escudo. A día de hoxe 1 € (EUR) eaquivale a 1.040.15 pesos chilenos (CLP).

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Chile ten unha forma de goberno republicana, democrática, unitaria e presidencialista. Cal é actualmente o seu Presidente?

- Carolina Tohá

- Gabriel Boric Font

- Sebastián Piñera Echenique

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: es.wikipedia.org e icambio.es

0 comentarios