Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CHILE? XIV (FIN)

Remato coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte e última da serie é Nelson Piquet. O resto son todos chilenos. A saber…

 

Pablo Neruda (Ricardo Eliécer Neftalí Reyes Basoalto, 1904-1973), poeta e político chileno. premio Nobel de literatuira 1971.

Víctor Jara (1932- 1973)​, músico, cantautor, profesor, escritor e director de teatro chileno. Representante da música protesta, foi torturado e asasinado tralo golpe de Estado de 1973.

Alexis Sánchez (1988), futbolista chileno que xogou no FC Barcelona, Arsenal FC, Olimpique de Marsella... e que actualmente xoga como no Udinese Calcio da Serie A de Italia.

Nelson Piquet (1952), expiloto de automovilismo brasileiro. Obtivo tres campeonatos en 1981, 1983 e 1987, finalizado subcampeón en 1980 e terceiro en 1986 e 1990. Acadou 23 victorias, 60 podios e 24 pole positions, competindo para os equipos Brabham, Williams, Lotus  Benetton.

E así remata esta serie, esperando que axudase a coñecer mellor a este país!

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxe es.wikipedia.org

0 comentarios