Blogia
vgomez

GALICIA NO MUNDO IV: MÚSICA GALEGA (FIN)

Remato coa serie GALICIA NO MUNDO, unha serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas.

Se onte abordamos o capítulo adicado á lingua, hoxe tócale ao último capítulo 4. Música galega, que se ocupa dos ritmos, instrumentos, referentes…

Espero que servise paracoñecer mellor os principais sinais da identidade galega!

FONTE: youtube.com/@politicalinguistica

Fin!

0 comentarios